Adolfina Mesa
Adolfina Mesa
Adolfina Mesa, (1970), española (dobre nacionalidade), nada en Venezuela, Diplomada en Ciencias Empresariais, exerce como Artista, Escritora e Poeta, así como impartindo clases de Pintura e Artes decorativas.
Salientar a súa participación en exposicións de pintura (Individuais e Colectivas): Galería Javier Román en Málaga; La Ferretería Eventos & Co. en Lugo; Biblioteca Pública de Lugo; Galería Nov Sala de Arte na Coruña; Sala de Exposicións Xunta de Galicia, Lugo; Sala de exposicións Concello de San Sadurniño; Sala de Exposicións do Museo das Aves de Cospeito; na Biblioteca Municipal de Barcelos, e na de Viana do Castelo, Portugal; Palacio Paolo V de Benevento, Italia; Ecomuseo de Montalegre, Portugal; no Castelo de Pambre co Instituto de Estudos Ulloáns, entre moitas outras. A súa obra artística ademáis de aparecer en libros e poemarios foi merecedora de galardóns menciónando o “Premio de Arte Galego José Domínguez Guizán” coa obra “Amor Mortal”.
Como escritora e poeta publicou o poemario Poemas y Catarsis (2017), ademáis de colaboradora en numerosas publicacións literarias e poéticas colectivas nacionais e internacionais, como exemplo a Revista XISTRAL, editada pola Área de Cultura do Concello de Lugo. Sen deixar atrás a súa actividade e participación enérxica en recitais poéticos dentro e fóra de España. E recentemente figura como finalista no Festival Literario hipanoamericano Paris Ne Finit Jamais na modalidade de creación literaria.
A NOSA LINGUAXE
Teño sílabas...
desexando que sexan desarticuladas pola túa lingua,
palabras mudas pola sintaxe da túa presenza.
Hai moitas letras que describen lendas
na páxina da túa pel,
con sons que non son escoitados pola intimidade.
Os espazos...
son reservados na nosa derme,
en monosílabos ardentes,
ditongos feitos de fogueiras,
nunha linguaxe máxica,
no silencio das miradas.
A paixón é o códice
que pon un reto aos nosos sentidos.
As silabas destrozan incoherencias
que estruturan unha nova linguaxe.
O idioma do vértigo,
os latexos cóncavos da paixón,
coma única lingua...
a exclusiva e inclusiva linguaxe da nosa existencia.
© Adolfina Mesa
PRIMAVERA INEXORABLE
No silencio pétreo do inverno infértil
escapan do meu corpo as pingas de vida,
como estrelas fugaces en noites sen lúa.
Dou voltas entre as sabas
deixando a miña pel esmagada
no xélido branco e a transparencia
dos pensamentos que me levan a ti.
As fiestras pechadas
afogan as horas do tempo fendido
mentres o desexo esquivo e implorativo
conduce un sorriso cómplice
na búsqueda da túa presenza,
ao encontro da linguaxe dos sentidos
no lenzo sen mesura nin cronoloxía.
O argumento
non respecta as paredes pintadas
cos ávidos fluídos
nas mans aferradas ao pracer
e que buscan auxilio rabuñando
no tremor e os xemidos.
A liberdade dos corpos
convértense nunha primavera inexorable
onde a paisaxe se cubre de fentos
e ningunha árbore queda sen os vestixios
dos latexos esgotados
e os polos húmidos.
© Adolfina Mesa

Comentários
Enviar um comentário